jueves, 29 de noviembre de 2012

E xa temos idea

Despois dunha dura sesión parece que xa temos idea definitiva para o guión. Trato de resumila:
 1. Uns mozos chegan de excursión a un pobo abandonado.
 2. Un deles (Xurxo)se separa do grupo sinte unha "extraña presencia" e sufre un accidente que o fire de gravidade.
 3. Os amigos saen a buscalo e cando o atopan un grupo se queda con el mentras outros van buscar entre as casas abandonadas se hai algo para curalo.
 4. O grupo que se queda con Xurxo ve a procesións de As Xans e trata de fuxir levando a Xurxo ás costas.
 5. O grupo que vai buscar os medicamentos entra nunha casa das abandonadas (con porta) ven o libro con remedios naturais .
 6. O saír atópanse cos outros fuxindo e entran todos na casa, pechando a porta tras de si. Entón Xurxo parece non aguantar máis buscan un remedio, non hai luz, prenden unha vela o libro abre pola páxina onde está explicado As Xáns...


Dividín en 6 partes, que poderían ser xa as secuencias da curta.

1 comentario:

  1. Despois de escribir o resumo do acordado ocurríuseme que non quedaría mal ter un narrador, posiblemente o mesmo Xurxo, despois de morto. Podería dar un toque bastante tenebroso.

    ResponderEliminar