jueves, 29 de noviembre de 2012

E xa temos idea

Despois dunha dura sesión parece que xa temos idea definitiva para o guión. Trato de resumila:
 1. Uns mozos chegan de excursión a un pobo abandonado.
 2. Un deles (Xurxo)se separa do grupo sinte unha "extraña presencia" e sufre un accidente que o fire de gravidade.
 3. Os amigos saen a buscalo e cando o atopan un grupo se queda con el mentras outros van buscar entre as casas abandonadas se hai algo para curalo.
 4. O grupo que se queda con Xurxo ve a procesións de As Xans e trata de fuxir levando a Xurxo ás costas.
 5. O grupo que vai buscar os medicamentos entra nunha casa das abandonadas (con porta) ven o libro con remedios naturais .
 6. O saír atópanse cos outros fuxindo e entran todos na casa, pechando a porta tras de si. Entón Xurxo parece non aguantar máis buscan un remedio, non hai luz, prenden unha vela o libro abre pola páxina onde está explicado As Xáns...


Dividín en 6 partes, que poderían ser xa as secuencias da curta.

lunes, 19 de noviembre de 2012

Seleccionando unha idea para a curta

Estas son as historias que os alumnos e alumnas de cuarto escribiron.
Son solo a base para a curtametraxe, pero agora toca votar ou comentar as ideas.
Temos que escoller unha idea, ou varias e a partir delas comezar a elaborar o guión.

Leedeas todas, porque son moi boas e despois opinade, pero primeiro...LEÉDEAS TODAS

As historias están aquí

domingo, 11 de noviembre de 2012

Curtametraxe en preproducción

Estamos en fase de preproducción, todavía non temos nin guión, nin muito menos actores e localizacións. Pero  xa estamos traballando:  expléndidas ideas xurden do maxín dos nosos alumnos e alumnas ,e non son gavanzas , creedeme.
Ou mellor,  leede e me contades...

Benvida

Benvidos ao novo blog do IES A Guía, nacido para recoller todo o traballo relacionado coa elaboración de curtametraxes no noso IES.
Este curso continuamos co proxecto interdisciplinar de cuarto, coa creación dunha nova curtametraxe de...terror. Este ano nos atrevemos co terror galego.
En primeiro de bacharelato nos iniciamos no mundo dos documentais da man do Centro Cívico de Teis.