martes, 15 de enero de 2013

Localización alternativa

Moi cerca do instituto, pero en Chapela, seguindo o curso do río (máis ben regato) Fondón podemos ver varios muiños.
O interior da casa é noutro sitio, e nola prestaría para rodar a última secuencia
¿Que vos parece?.


domingo, 13 de enero de 2013

As Xans

Neste marabilloso libro de Vitor Vaqueiro : A Galicia Máxica, atopei unha referencia ás Xans, que vos reproduzo aquí :

viernes, 21 de diciembre de 2012

Feliz "terrorífico" Nadal

Películas de terror para Nadal

Pois si que se nos ocorre recomendar unhas películas ben acordes con estas datas!.
Pero xa sabedes, a intención e aprender dos "mestres do terror" para sacar ideas para as nosas películas.
Velaí van as recomendacións:

Sesión de Hitchcoch:
Eu escollín cinco, pero podedes ver calquera das deste gran mestre do suspense:


Los pájaros (1963)

domingo, 9 de diciembre de 2012

Buscando localizacións

Andiven esta fin de semana na procura de localizacións, penso que un bo lugar podería ser o entorno etnográfico do muiño de maquias , que está en Zamáns (por tanto cerca de casa). Mirade á esquerda e veredes algunhas fotos, outras volas mostro agora mesmo:

Mirade o que atopei e comentádeme que vos parece:

O guión novelado

E velaí vai o guión novelado, cortesía de Mar e Blanca
"
Chegaron á vila, o coche deixounos xusto na entrada. Eran seis. Tiñan pensado pasar dúas semanas alí. Quizais non fora boa idea...

En canto quedaron sós comprobaron que todas as portas estaban abertas, así que ao final entraron na casa que parecía máis segura e instaláronse alí.
Pasaron toda a tarde entre risas e bromas, ata que un deles, Xurxo, comezou a sentirse mal, como non quería preocupar aos seus compañeiros saíu só a tomar o aire.

Era unha noite tranquila, a lúa estaba chea e a súa luz alumeaba a rúa pola que ía Xurxo, sentía o airiño da noite acariñando as súas fazulas, despexándoo. Escoitaba o ruxe-ruxe propio das casas vellas... pero de súpeto parecéronlle os sons máis aterradores do mundo; coma se viñeran doutro mundo. Dáballe a sensación de que ese murmurio aumentaba á vez que a súa ansiedade e o ventiño transformárase nun alento xeado .  Deixou de oílos cando viu a pedra procedente dun dos tellados caindo sobre a súa cabeza... non tivo tempo para apartarse.
Os seus amigos preguntábase onde estaría, pero non saíron buscalo ata ben entrada a noite.

Gritaron o nome de Xurxo ata case quedarse sen voz, cando de súpeto un deles tropezou e caeu chan, para o seu horror tropezara co corpo inconsciente do seu amigo.
O medo apoderouse de todos, fixeron dous grupos, un deles quedou con Xurxo, e os outros foron buscar menciñas para ferida do seu amigo.

Intentaron espertar a Xurxo, pero aínda que abría os ollos de vez en cando non era quen de recuperar a consciencia. A desesperación apoderábase deles, os demáis non chegaban e non sabían que facer co seu amigo, cando de pronto, pareceulles ver ao final da rúa un grupo de persoas que se achegaban a eles, unha raiola de esperanza abriuse ante eles, e comezaron a facerlles siñais para pedir axuda, pero aquelas figuras parecían non inmutarse, e seguian a achegarse.
Cando xa estaban o bastante preto como para distinguir as súas caras o seu asombro non puido ser maior, a sangue xeoúselles nas veas. Eran eles. Todos eles levando un ataúde. Todos menos Xurxo. Cando conseguiron reaccionar, o único que se lles ocorreu foi coller a Xurxo entre todos e ir buscar os demais.
Non lles custou moito atopalos, estaban nunha casa preto de alí que aínda conservaba a porta. Entraron correndo, e pechárona o máis rápido que foron capaces, asustando aos demais.
Puxeron a Xurxo sobre unha mesa e reuníronse ao seu redor, case non había luz polo que decidiron acender unha candea que atoparan na busca de medicamentos, aínda que non fora o único.
Atoparan un pequeno libro moi gastado, pero no que aínda se podía ler un título:
“Remedios naturais”

Abriron o libro, do seu interior caeu unha folla que foi parar enriba da mesa, cun debuxo antigo e un texto. Viron a imaxe: un grupo de persoas levando un ataúde. Leron o texto, mentres a chama da candea bailaba ao son das palabras.
-“As Xans son as pantasmas dos vivos. Son unha procesión de dúas filas cun ataúde no medio. Anuncian a sua propia morte. O que vai no féretro xa esta cun pé no outro barrio; os demais, segundo como vaian de arrimados á caixa tardarán máis ou menos tempo en morrer”.
Ninguén falou, non se escoitaba nin unha respiración, só o leve crepitar do lume e o asubio afastado do vento.
-Acabamos de velo...- Conseguiu articular alguén.
-É que vai ser de nós?- Besbellou alguén.
Un lóstrego caeu preto da casa e a súa luz iluminou por fin todo o cuarto e as caras dos alí presentes, todos eles tiñan a cara descomposta polo medo e a tez pálida.
Sabían o que ía pasar, e en verdade daban pena, todos eles amigos dende pequenos, todos eles condenados, todos eles sen a posibilidade de salvarse e todos eles decatáranse do que ía pasar, igual que Xurxo notara horas antes o alento da morte na súa caluga.

A porta abriuse de golpe, e unha forte racha de vento fixo morrer a chama.
O último que se escoitou foi un libro caer."

jueves, 29 de noviembre de 2012

E xa temos idea

Despois dunha dura sesión parece que xa temos idea definitiva para o guión. Trato de resumila:
 1. Uns mozos chegan de excursión a un pobo abandonado.
 2. Un deles (Xurxo)se separa do grupo sinte unha "extraña presencia" e sufre un accidente que o fire de gravidade.
 3. Os amigos saen a buscalo e cando o atopan un grupo se queda con el mentras outros van buscar entre as casas abandonadas se hai algo para curalo.
 4. O grupo que se queda con Xurxo ve a procesións de As Xans e trata de fuxir levando a Xurxo ás costas.
 5. O grupo que vai buscar os medicamentos entra nunha casa das abandonadas (con porta) ven o libro con remedios naturais .
 6. O saír atópanse cos outros fuxindo e entran todos na casa, pechando a porta tras de si. Entón Xurxo parece non aguantar máis buscan un remedio, non hai luz, prenden unha vela o libro abre pola páxina onde está explicado As Xáns...


Dividín en 6 partes, que poderían ser xa as secuencias da curta.

lunes, 19 de noviembre de 2012

Seleccionando unha idea para a curta

Estas son as historias que os alumnos e alumnas de cuarto escribiron.
Son solo a base para a curtametraxe, pero agora toca votar ou comentar as ideas.
Temos que escoller unha idea, ou varias e a partir delas comezar a elaborar o guión.

Leedeas todas, porque son moi boas e despois opinade, pero primeiro...LEÉDEAS TODAS

As historias están aquí